OFERTA BLACK WEEKS -60€ DT VER MÁS

campamento de surf semana santa
surf camps adultos
campamento de surf menores
campamento de surf ninos

A primeira fase do proxecto "ALBERGUE DE SURF RAZO" é un proxecto levado a cabo pola empresa "ALBERGUE DE SURF RAZO, S.L." (entidade composta polos socios e administradores Manuel Alonso Bardanca e Pablo Rodríguez García) que foi apoiado con unha importante axuda económica pola Unión Europea e a Consellería do Mar a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) e que alcanzou os seus obxectivos previstos de poñer en marcha un novo e innovador albergue para os usuarios e practicantes da práctica deportiva do surf, ubicado no espazo natural de Razo, no municipio de Carballo (A Coruña) fomentando a contratación de mulleres nunha actividade que defende, colabora e consolida ó mantemento e proxección das actividades marítimo deportivas e marítimo pesqueiras na Costa da Morte. É de destacar que este proxecto axuda a consolidar o mantemento e establecemento de varias familias nas vilas costeiras da Costa da Morte ó ter importantes implicacións en un variado conxunto de actividades vinculadas co albergue. Polo tanto incrementamos o emprego e a cohesión territorial. Así mesmo tamén apostamos polas novas tecnoloxías e implantamos ó último en programas de xestión e equipos informáticos así como unha importante presencia na internet e nas diferentes redes sociais. O importe ascente a 106.312,34€.

 

A segunda fase do proxecto obtivo unha axuda do GALP COSTA DA MORTE, para a posta en marcha do proxecto "ART SURF CAMP" que contou co apoio do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) e a Consellería do Mar, con unha axuda de 44.036,20 € ao abeiro da EDLP do Galp Costa da Morte. O proxecto consiste na instalación de unha edificación que sirva de punto de encontro e servizos imprescindibles para o uso do dominio público marítimo-terrestre que se derivan das actividades da empresa, que é a impartición de clases de surf, body board, stand up paddle, skate en mini rampa, longskate, voley playa,e stretching. Os obxectivos son a creación de emprego, o fomento do crecemento económico e a revitalización da economía local promovendo o turismo mariñeiro e deportivo, e contribuíndo á diversificación das actividades realizadas no marco da pesca.

Axudas GALP

Contactar por WhatsApp
¡Hola!
¿En que te podemos ayudar?
Chat

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees, hay un enlace en el pie de página.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.